miércoles, 18 de julio de 2007

OTERO PEDRAYO

Ramón Otero Pedrayo naceu en Ourense o 5 de marzo de 1888. Fillo de Dona Eladia Pedrayo con quen estaría especialmente unido ó longo da súa vida- e de Don Enrique Otero, médico que exerceu xenerosamente a súa profesión desde o Pazo de Trasalba, nos Chaos de Amoeiro.
O neno Ramón Otero criouse no seo dunha familia culta e liberal. Seu pai fora defensor de Curros fronte ás inquinas da reacción conservadora local e a súa casa sobre todo a de Ourense, na Rúa da Paz- era centro de tertulias polo que pasaron a Pardo Bazán e outras destacadas figuras da intelectualidade galega do solpor do XIX.
Otero naceu nunha rúa que era daquela o centro do paseo dos señores na cidade e ó lado do Teatro Principal, núcleo da actividade cultural dunha cidade de forte fasquía rural que contaba daquela cuns doce mil habitantes. Na súa mesma casa, no primeiro, naceu e criouse o neno Vicente Martínez-Risco e Agüero. A súa amizade e mútua influencia intelectual será permanente ó longo da vida dos dous máis destacados membros da Xeración Nós.
Ramón cursa o bacharelato no Instituto de Ourense que hoxe leva o seu nome no Xardín do Posío- e trala ceda morte de seu pai pasa a Santiago para segui-los estudios de Filosofía e Letras que ha rematar en Madrid. Na capital española, onde el acudira devecente de acadar unha definición e formación intelectual conforme ós tempos, le tan intensa como asistemáticamente obras de xeografía, historia, filosofía e literatura. As lecturas literarias que máis o cobizan son as de Baudelaire, Verlaine, Balzac, Stendhal e Chateubriand. Esta etapa de tanteos e indecións sobre o futuro intelectual e o seu compromiso co mundo exterior sería maxistralmente recreada na súa novela "Arredor de si".De volta en Ourense en 1911 intégrase non grupos dos "inadaptados" no que participan Vicente Risco e Florentino Cuevillas. Os tres, amigos desde moi noviños, habían seguir evolucións intelectuais semellantes, traballando en empresas colectivas como o Ateneo ou a revista La Centuria e pasando dun acentuado individualismo antisocial a un compromiso galeguista na súa etapa de madurez. Sen embargo tamén se poden recoñecer matices importantes nesta evolución. O que para Risco fora unha reviravolta intelectual, fora para Otero unha descuberta case dolorosa. Risco achégase desde o problema da esencia dunha cultura devecente e Otero desde o solpor dun sistema social que se descompón. Castelao e outras persoas que coinciden xeracionalmente co grupo Ourensán ó que cinguimos en purirdade o nome de Nós- hase achegar ó galeguismo desde a descuberta dos problemas sociais que conleva a ausencia dun poder especificamente galego para a resolución dos problemas que trae consigo a nova sociedade que se espalla cos ventos do século XX.
A evolución desde este esteticismo evasivo dos anos mozos deste grupo xeracional ten na amizade de Antón Lousada Diéguez o seu desencadeante principal. Lousada, señorito con Pazo en Moldes, Carballiño, intelectual, conservador e católico, descúbrelle-la posibilidade de comprosimo co país a través da actividade inicial das Irmandades da Fala. No seu seo avoga Otero por un compromiso de corte culturalista. Coñecedor da febleza organizativa e escasa penetración social dos inicios do movemento, desconfía da súa entrada na area política. Incorpórase de inmediato ás actividades do Seminario de Estudios Galegos en 1923. Coa chegada da II República consegue acta de deputado por Ourense por un coxuntural Partido Nacionalista Republicano que axiña se ha integrar, xunto con outras forzas locais, no Partido Galeguista. Desde o seu escano nas Cortes de 1931 defenderá a fórmula federal para o Estado e a confesionalidade do mesmo. Claramente Otero foi máis un intelectual que nun momento da súa vida debeu de asumir tamén un compromiso político organizado ca un político vocacional. O principal da súa obra literaria foi escrito entre a segunda metade da década dos vinte e a primeira dos trinta. Do autor, que xa pasaba dos corenta anos, pódese dicir que se achega á literatura galega iniciando a súa plena madurez.
A pouco de estoura-la Guerra Civil é deposto da súa cátedra do instituto de Ourense. Gracias á súa bastante desafogada situación económica casa de seu en Ourense e Pazo en Trasalba con terras arrendadas a caseiros- e a non ter detrás unha familia que manter non ten fillos, serán logo só a súa nai, a súa muller e el- pode permitirse unha retirada ó seu Pazo que se converitirá nun refuxio do exilio interior, e convírtese el mesmo nun símbolo vivo da resitencia cultural ante o totalitarismo franquista, recibindo o alcume de "Patriarca das Letras Galegas".
Como tal visita América en 1947 nunha viaxe que supón o reencontro do galeguismo exiliado en Bos Aires co galeguismo resistente do interior.
Otero que sempre se negou a solicitar o reingreso no corpo de Catedráticos de Bacharelato pois era consciente de que nunca solicitara a súa baixa- opositou en 1950 á Cátedra de Xeografia da Universidade de Santiago e cesou oito anos despois ó se xubilar.
Nese mesmo ano 1950 pasará a ser Director da Editorial Galaxia, transmutación do galeguismo político da preguerra adaptándose ás posibilidades de traballo, estrictametne culturais outra forma de actividade política, aínda que indirecta- neses anos da longa noite franquista.
En 1959 volve viaxar de novo a Bos Aires onde é acollido polo galeguismo bonaerense coa máxima das calores humanas e amosado á intelectualidade arxentina como expoñente da Galicia consciente de si mesma.Pola galería do seu Pazo de Trasalba ou pola camilla da súa casa da Rúa da Paz en Ourense pasarán nos anos seguintes novas promocións de persoas interesadas pola cultura da Terra. Otero, ata a súa morte en 1976, terá sempre unha verba ilusionada e optimista e un compromiso de permanente colaboración con canta inIciativa permita desenvolver a idea dun futuro mellor e distinto para Galicia.

8 comentarios:

ORFEON UNION ORENSANA dijo...

BIBLIOGRAFIA LITERARIA DE D.RAMON OTERO PEDRAYO

Narracións realistas:

Pantelas, home libre (1925). O protagonista volve á terra logo de doce anos no cárcere marcados pola súa lembranza da paixase natal.

Contos do camiño e da rúa (1932). Conxunto de sete relatos coa decadencia da fidalguía como saúdoso telón de fondo. Entre eles sobrancea "O fidalgo", achega literaria a través dunha aproximación ó comportamento humano en cinco momentos históricos distintos do devecer desa clase social.

O mesón dos ermos (1936). Novela curta co recorrente tema da decadencia da fidalguía como telón de fondo. Retratos realistas da vida da aldea e fonda riqueza expresiva nas descricións paisaxistas.

Novelas culturalistas:

Escrito na néboa (1927). Primeira aparición de Adrián Solovio, desacougado mozo intelectual en nos ofrece anacos do seu interior. Anuncia a novela Arredor de si.

Arredor de si (1930). Retrato da súa propia evolución intelectual a través do intelectual Adrian Solovio. Despois de percorrer outros camiños pola cultura europea, desacougado e escéptico, logra encher a súa vida intelectual de sentido a través da descuberta de si mesmo.
É unha obra máis discursiva que narrativa, na que a acción transcorre nunha difusa viaxe exterior (Avila, Madrid, Toledo, París, Berlín...) paralela á súa viaxe interior de busca de si mesmo.
Existen momentos de grande tensión narrativa nesa descuberta da terra, como pode se-lo momento da morte do seu tío Bernardo, representante dunha suposta vella fidalguía comprometida co provincialismo do XIX.

Fra Vernero (1934) Única obra de Otero que non fai referencia a Galicia. Narra a vida de Zacarías Werner (1768-1823) desacougante personaxe de vida disoluta que acaba por convertirse ó catolicismo e ordenándose sacerdote.

Anónimo dijo...

O fidalgo e a noite (fragmento) –en gallego-

" O fidalgo — ¡Non coñezo ista mansión..., pro astra a maseira dos porcos semella trasposta sub speciae aeternitatis! Meu berce e e miña tampa. Si xiquer... Pois a capa de procelas e de camiños, a máxica e zarabandesca, foi pra sempre esgarrafizada polas farpas do vento e, cos seus fianchos, nin as Parcas, ben aconselladas, poderían fiar a miña mortaxa... (Atoutiñando, chega ó seu leito, disforme e frío, navío dos ensoares) Acocharei eiquí. Soio en sonos poderei acougar no teu inmenso e soante amor. Mais, ¿que estantiguas son istas? Eu pra morrer quero ó crego siloxístico e probabilístico das Penas Illás e ó escribán palimpséstico das Engrobas. ¿E vós?
A pantasma de Empédocles — ¡Ben pouco ser concedías á túa capa! Ela, máis lonxe das fronteiras humás, encobre e abriga o castro onde a Venus-Palas durme ensoando os nove cosmos que teñen de vir diante do caos... máis aló da cinza ardente do Etna. ¡Ten paciencia! ¡Vou mirar si louqueo o outro Apolo do Norde...!
A pantasma de Nietzsche — ¿E aínda coidabas a túa capa lembrándote a ti? ¡Ela, que acougou o vento, que é a imaxe do devenir e non morre! Nestora cobre o leito onde durmen abrazadiños, como dous nenos, o Ben e o Mal. Voume dar unha volta con Arturo Schopenhauer, ¡o derradeiro e triste traxediante!
O fidalgo — (Despoixa dun sono, descóbrese fortecho, anque espido e sen moita clareza de xuízo) Será ilusión. Ou o costume de outras noites. Como si un revoar da miña capa chamara, amantiña fiel, nos vidros... Mais ¡si xa, pra un home de siso, xa son un probe morto! ¿Nonsí, moucho dos sabidentes ollos? ¡Si souperas cantar gregorián...! Mais non hai cirios pra un morto como os teus. "

Anónimo dijo...

Visitade a casa de Otero Pedrayo...

Ramón Otero Pedrayo deixou unha manda no seu testamento pola cal legaba a súa Casa Grande de Trasalba á cultura galega e a Galicia, representada ao efecto pola Editorial Galaxia.

Como fórmula xurídico-administrativa decidiuse crear unha fundación que foi recoñecida por orde ministeiral do 19 de xullo de 1979. Máis tarde foi tamén recoñecida pola Xunta de Galicia como Fundación de interese galego.

A Fundación Otero Pedrayo é unha fundación cultural de dereito civil que ten como obxectivo manter a promoción da memoria colectiva do "Patriarca das Letras" Ramón Otero Pedrayo a través da custodia da súa Casa Museo de Trasalba, no concello de Amoeiro (Ourense).

Para cumprir os seus obxectivos a Fundación promove unha Asociación de Amigos de Otero Pedrayo e realiza unha serie de actividades arredor dunha festa anual que se celebra o último domingo do mes de xuño e na que se entrega o Premio Trasalba a unha persoa sobranceira da cultura galega e se presentan as edicións do Padroado.

A Casa Museo de Ramón Otero Pedrayo, residencia habitual do escritor, encóntrase no lugar de Cima de Vila, en Amoeiro, parroquia de Trasalba, ao noroeste da provincia de Ourense.

As vizosas terras de Trasalba e os contactos humanos que alí se desenvolveron fan que Otero descubra as esencias da cultura tradicional, da lingua, da paisaxe e da cultura galegas. A casa de Trasalba e as súas paisaxes permítennos entender mellor o pensamento oteriano, un dos referentes simbólicos do noso pasado recente. A Casa de don Ramón constituía un dos referentes da personalidade culta de Galicia e da conciencia do ser específico, incluso nos momentos difíciles da posguerra. Por esta casa pasaron multitude de amigos e irmáns na conciencia galeguista que ían escoitar a palabra xenerosa e poliédrica de don Ramón e a falar de angueiras e proxectos comúns.

A Casa Museo é un centro de cultura viva, dinámica e aberta ao público xeral e aos investigadores. A Fundación Otero Pedrayo posúe a Biblioteca Otero Pedrayo, un Salón de Actos e unha librería. A inmensa maioría dos manuscritos e documentación de Otero Pedrayo atópase na Fundación Penzol, en Vigo, pero os libros da súa biblioteca particular permanecen na súa Casa Museo e están á disposición do público.

O salón de actos, feito en 1993-94 nas vellas adegas da casa, acolle as actividades públicas da Fundación e da Asociación de Amigos, e está aberto para a realización de congresos, xuntanzas de carácter cultural ou científico.

Anónimo dijo...

Un gran miembro del Orfeon Union Orensana. Fue una de las personas que mas apoyo el Orfeon y las semanas culturales. Foro del Galeguismo en Ourense

Anónimo dijo...

Hace unos meses recordé, por un triste motivo, a Otero Pedrayo y su Libro de los amigos. Pocas veces la precisa redacción alcanza un nivel tan sublime de subjetiva belleza como la introducción de su esta obra:

"O relox ceiba as dez notas puras, un pouco dubidosas no ronselar do seu son d'unha hora da mañán particolarmentes amada por min xa que éla iniza o traballo ou o ledo ou o dooroso vagar maxinativo de iste priguizoso do leito e das lúas mingoantes.
Non é preciso mirar a data. Bríla na follateira do pomar e resóa coma o feble badelar da campaíña: o primeiro do Outono. En soños soupen coma o primeiro sol acendía unha chama, frol lumiosa xuvenilmente anguriada, n'o vidro da casa non sabida aló pol'os termos onde o hourizonte no rumo do N. O., suma as suas coores e formas no griseiro abstracto e conmovedor da lonxanía."

Anónimo dijo...

Una vez entrelacé mi vida con la de un hombre,
que me aseguró que había leído a Otero Pedrayo.

Pasado el tiempo y rota la cuerda que nos unía,
descubrí que me mintió.

Solo había pasado un par de veces frente al instituto del Posío.

Anónimo dijo...

Gran colaborador del Orfeón de nuestra ciudad y estandarte de nuestra cultura.
Un gran rincón este blog...ánimo y seguid así...bienvenido de nuevo Orfeón.

Anónimo dijo...

Acabo de llegar de vacaciones y veo que mari sigue siendo "la caña".

Leer tu comentario me sugiere que estás todavía cantando la primera estrofa de una canción:
"Ayer los dos soñabamos con un mundo perfecto
Ayer a nuestros labios les sobraban las palabras
Porque en los ojos nos espiabamos el alma
Y la verdad no vacilaba en tu mirada

Ayer nos prometimos conquistar el mundo entero
Ayer tu me juraste que este amor sería eterno
Por que una vez equivocarse es suficiente
Para aprender lo que es amar sinceramente."

¿Cantamos a duo la segunda?
"Mañana que amanezca un día nuevo en mi universo
Mañana no veré tu nombre escrito entre mis versos
No escucharé palabras de arrepentimiento
Ignoraré sin pena tu remordimiento.

Mañana olvidaré que ayer yo fui tu fiel amante
Mañana ni siquiera habrá razones para odiarte
Yo borraré todos tus sueños de mis sueños
Que el viento arrastre para siempre tus recuerdos."