PRESENTACIÓN NO CENTRO CULTURAL DOS SÁBADOS LÚDICOS DO ORFEÓN UNIÓN ORENSANA
O Centro Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu a presentación dos Sábados lúdicos do Orfeón Unión Orensana, unha actividade que ten como obxectivo achegar aos nenos e nenas de entre 5 e 13 anos ás actividades culturais en todas as súas representacións artísticas para que coñezan de primeira man o traballo e as posibilidades que ofrece o mundo do arte.
Na presentación, o presidente do Orfeón, César Pichel, dixo que se escolleron os sábados pola mañá porque é un día no que os nenos teñen máis posibilidades de achegarse ao ocio, e nós o que pretendemos e que se divirtan ao mesmo tempo que adquiren coñecementos culturais, e que se abran á multiculturalidade participando, por exemplo, nas actividades de conmemoración do Ano Novo Chino, que coincide co noso entroido.O programa de actividades comezou a desenvolverse en xaneiro e prolongarase todos os sábados, agás os festivos, en horario de 11.45 h. A 12.45 h. (coa excepción das Master Class que serán ás 10.45 horas), e terán lugar na sede do Orfeón Unión Orensana (r/ Cruz Vermella, 4-1º - Ourense) e na Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense.Precisamente o director da Escola de Artes e director do Centro Cultural da Deputación, Francisco González, explicou que unha das novidades dos Sábados Lúdicos deste ano é a participación de Ignacio Basallo, o único artista ourensán que expuxo no Centro Galego de Arte conteporánea, e que se caracteriza por traballar con material de reciclaxe. González engadiu que Basallo é un artista cuxa obra está moi vencellada á etnografía galega, e iso, unido á conciencia ecolóxica que reflicte a súa arte, serviralle aos nenos para abrir a mente cara o uso correcto, estético e artístico do material de reciclaxe.A Deputación de Ourense, a través do Centro Cultural e da Escola de Artes e Oficios, colabora con esta iniciativa dos Sábados Lúdicos porque considera que todo o que sexa irmanar a cultura cos nenos é unha aposta de futuro para contribuír a que os nosos fillos adquiran o interese e a sensibilidade polas artes, sexan cales sexan as súas diferentes disciplinas.
O Orfeón Unión Orensana puxo en marcha en 2009 os Sábados Lúdicos con notable éxito de público: 150 nenos e nenas. Nesta edición de 2010 haberá obradoiros de maquillaxe, disfraces e complementos, actividades gastronómicas como bocadillos divertidos, Froitas e verduras e Postres; Master Class sobre Reciclaxe e Corresponsabilidade na escola, e mostra doutras culturas como a china, onde haberá manualidades, introducción ao idioma chino e preparación para o Fin de Ano Chino.
O custe para participar nestas actividades é de 15 euros por neno, sendo gratis para os socios do Orfeón e os pertencentes ao Centro Comercial Aberto.
2 comentarios:
Animo.
Es un acierto el nuevo camino que está iniciando el Orfeón. Se merecen mucha suerte y el reconocimiento de esta ciudad al trabajo de su nuevo equipo.
Publicar un comentario