miércoles, 23 de enero de 2008

O ENTROIDO


O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É, sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego.
Os entroidos máis famosos do país son, sen dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo convértense por uns días nas capitais de Galicia.


As súas datas fundamentais, por orde, son:

Domingo fareleiro
Domingo oleiro
Xoves de compadres
Domingo corredoiro
Xoves de comadres
Domingo de antroido
Luns de antroido
Martes de antroido
Mércores de cinza
Domingo de piñata

7 comentarios:

Anónimo dijo...

A palabra "entroido" ou "antroido" deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación.
Na zona norte de Galiza emprégase antroido, mentres que no sur é máis frecuente entroido.
A palabra aparece citada desde o século XIII.

Anónimo dijo...

Carnaval, carnaval...ya llega...felices fiestas a todos

Anónimo dijo...

Ya queda menos...

Anónimo dijo...

En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos.

Entreo os chamados " ritos de grupo" (a súa orixe e significado é descoñecida) pódense citar:

Os Cigarróns que son personaxes enmascarados e adornados (coma en Verín), as Pantallas que amolan ós viandantes con dúas vexigas cheas de aire (moi común no Entroido de Xinzo da Limia) , os distintos Peliqueiros (coma en Laza), personaxes que se distinguen pola súa animalización: non falan, levan chocas coma os animais, zorregan á xente e levántanlle a saia ás mulleres; os Correos, que van pola veciñanza ofrecendo cós Xenerais "canten" a cada unha das casas a cambio dunha doazón, os Xenerais, vistosamente disfrazados con sombreiros, medallas e fitas que lembran de xeito choqueiro os uniformes do século XIX.











"PANTALLAS" NO ENTROIDO DE LAZA, OURENSE











Nalgunhas das parroquias realízanse tamén encontros ou "saltos" entre os xenerais, facendo un repaso satírico da vida cotiá.

Os disfraces no medio rural sempre foron moi variados, a súa simbolización é a da volta ó mundo do revés... Por iso hai homes vestidos de mulleres e mulleres vestidas de homes, de curas ou monxas... Moitas veces os que non tiñan disfrace, vestíanse coa roupa do lado do revés.

No Entroido todo está permitido. Son moi comúns os discursos coma os testamentos, os chamados arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo ós referidos ós veciños e ás institucións públicas.

Dende o século XIX, comezou a celebrarse nos liceos de cidades e vilas un entroido máis burgués, con disfraces e bailes máis elaborados. Xa no século XX, e durante a época da guerra e da posguerra o entroido foi perseguido, polo que algunhas das tradicións perdéronse. Pero, dende os anos 70 deu comezou un proceso de recuperación destas tradicións máis ancestrais, tanto nas aldeas coma nas cidades; nestas ultimas con desfiles, concursos e disfraces nas rúas acompañados con música.

Pero o que sempre primou do Entroido, e o espírito de crítica contra todo, e a posibilidade de dicir esas cousas con ton de sátira.

Anónimo dijo...

Caramba non se pode falar de entroido sin falar da capital do entroido.

Ourense forever

Anónimo dijo...

Hoxe é a gran noitre, a ver si o tempo acompaña e se non...pois viño e cocido...

Anónimo dijo...

La gran traca esta noche en la capital ourensana. Comida, charangas y máscaras. Fiesta, fiesta, fiesta, y fiesta (quién teme a la lluvia?)