jueves, 27 de septiembre de 2007

III ENCONTRO DA ECOLOXÍA DA AUGA


www.lawebdelagua.com


Benvid@s ó Terceiro Encontro da Ecoloxía da Auga.


Xa pasou un ano da eternidade, un pouco menos que nada no tempo do noso praneta azul ó que chaman Terra. Propoñemos chamarlle Auga.
Foi un ano, no que os que participamos o ano pasado no Encontro, non esquezemos a íntima sensación de cómo é posible ir camiñando xuntos hacia un mundo máis real. Hacia unha realidade máis ampla, profunda, clara e alegre.
Ó longo do coñecemento transferido nas poñencias, tod@s nos demos conta da necesidade de vivir comprometidos co Misterio. A necesidade de sair ó encontro dos que somos nos demais. De vivir a certeza de crear créndonos co-creadores no presente. De traballar as equivocacións e a dor como o camiño hacia unha maior coherencia. Os cristais de Emoto certificannos a Presenza do Amor e o trono sutil que as emocións ocupan no Océano da Existencia.
Este ano repetimos en Ourense á búsqueda dunha sede permanente. Parécenos que os seis millóns de litros de augas termais, que recibe o Miño en Ourense, merecen o esforzo de tratar de conseguir que sean eco-termais. Inspirannos a calidade humana deste pobo que aínda é moito mais humano que urbanita. Obrigannos os vosos correos electrónicos nos que nos recordades que en Ourense pasámolo inolvidablemente.
Imos a tratar de estar á altura dos nosos invitados. Cada un@ del@s por si mesm@ é o mellor premio cando comprendemos o valor da resonancia directa e a transferencia armonizadora das reflexións contadas dende o haber aceptado ser atravesado plo Misterio.
Invitámosvos a traer as vosas alas de fadas e elfos, as vosas caracolas e txalapartas, as vosas gaitas e panderetas, as vosas alegrías e ganas dun baño á luz da lúa no único encontro acuático no que os traxes de baño son a maior etiqueta imaxinable.
Benvidos á música e ás danzas que atravesan todas as corazas e dan corda ó sonrinte que vive dentro. Benvidos ós coñecementos da ecoloxía transpersonal das emocións. Benvidos ó esclarecemento de qué é o que está pasando coa situación da Auga, no rapto da información pola que se está privatizando a Vida. Benvidos á información do coñecemento do fosfeno como procedemento científico de activación da enerxía e da Auga. Benvidos ó desafío de comprometernos cos cinco elementos como forma de vivir un presente continuo. conscientemente. Benvido á mensaxe Water for Humanity and Peace de Prem Rawat. Benvido ós últimos documentis máis alternativos. Benvidos ó Rescate do Indíxena que todos levamos dentro.

No hay comentarios: