jueves, 28 de octubre de 2010

90 ANIVERSARIO DA EDICIÓN DO PRIMEIRO NÚMERO DA REVISTA NÓS


O programa de actividades de conmemoración do 90 aniversario da edición do primeiro número da Revista Nós, feito que acontecía o 30 de outubro de 1920, enceta hoxe cunha cita no Ateneo de Ourense. Para esta tarde está prevista unha conferencia-coloquio de Camilo Fernández Valdheorras, director do Grupos AuriaNós, Xan Rodríguez González, presidente do Colexio de Arquitectos de Ourense, Xosé Ramón Quintana Garrido, historiador, e Lalo Pavón, xornalista. A conferencia-coloquio leva por título A revista Nós, a casa natal de Otero-Risco e o proxecto Blauria: Burgomuseo Literario e Antropolóxico de Ourense.
O programa de actividades desenvolverase nestes días, tendo como colofón as diferentes citas e propostas que se desenvolverán ao longo da xornada do sábado, data na que se celebra o 90 aniversario da edición do primeiro número da revista. Para mañá, día 29, está previsto que se faga unha declaración insitucional ao respecto por parte da Deputación Provincial de Ourense. A corporación provincial celebrará, como cada último venres de mes, sesión ordinaria e ao remate da mesma, en principio ás 13.30 horas, haberá no salón nobre da Deputación Provincial de Ourense unha «Declaración institucional sobre a revista Nós e o Día de Nós».

Para o propio día de celebración do 90 aniversario da saída á rúa da revista Nós, o sábado, o programa de actos está previsto que se inicie ás 10.30 horas cunha cita no Concello de Ourense. A esa hora haberá unha apertura musical a cargo da Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, logo da actuación haberá unha «declaración institucional do Concello sobre a revista e o Día de Nós» e a presentación do fascímile do «número 1 da Revista Nós, edición conmemorativa do 90 aniversario». O programa de actividades continuará no Centro Cultural da Deputación de Ourense, onde a partires das 11.30 horas haberá unha lectura pública da revista Nós por parte dos cidadáns que queiran participar. O programa de celebración da saída á rúa da revista Nós terá o seu colofón coa sesión extraordinaria que celebrará a Real Academia Galega en Ourense. A xuntanza comezará ás 13.00 horas.
Para conmemorar o 90 aniversario da aparición da revista Nós e para darlle continuidade aos proxectos vencellados con esta publicación e coa Xeración Nós, co horizonte do 2010 que é cando se cumpre o centenario da revista, constituise unha comisión xestora e promóvese unha plataforma cidadán para desenvolver entre os diferentes colectivos

1 comentario:

Anónimo dijo...

UNA INICIATIVA INTERESANTE. VEAMOS SU DESARROLLO.