lunes, 17 de marzo de 2008

SEMANA SANTA EN OURENSE




O Domingo de Ramos abre o ciclo coa procesión que recorda a entrada de Xesús en Xerusalén. Desde o parque de San Lázaro lévase a imaxe ata a catedral rodeada dun mar de ramos de oliva e loureiro. Con esta cerimonia comezan os desfiles procesionais.
O Xoves Santo recorda a última cea, mentres que o Venres Santo remite á paixón de Señor.
A procesión do Santo Enterro é a máis vistosa de todas. Durante a mesma prodúcese a cerimonia do "Encontro". As diferentes imaxes atopábanse na Praza Maior onde representaban escenas relacionadas coa Paixón de Cristo. Outrora era unha das concentracións populares máis multitudinarias.
Se esta é á noitiña, o Sábado Santo, vixilia pascual, transcorre a procesión da Soidade ao alba.
E para rematar, o domingo de Pascua a imaxe de Santa María Nai é levada á Catedral para a misa de Resurrección e ao final, regreso coa procesión onde se produce un curioso e antigo desplante da corporación municipal ao bispo nas escalinatas de Santa María.

jueves, 6 de marzo de 2008

DÍA DE LA MUJER

"AL TRATAR A UNA MUJER...
RECUERDA QUE ES UNA MUJER LA QUE TE TRAJO AL MUNDO."
(Kant)