lunes, 12 de mayo de 2008

ANDAINA POLO BIDUERAL DE MONTEDERRAMO. AMIGOS DA TERRA


O vindeiro domingo 18 de maio, Amigos da Terra dentro do Programa "Maio Xove" da Casa da Xuventude de Ourense, organiza unha andaina polo Bidueiral de Montederramo na Serra de San Mamede.

Camiñarase pola Serra de San Mamede coñecendo varios ecosistemas de montaña observando bosques autóctonos e de ribeira, e tamén diferentes problemáticas ambientais coma o efecto dos incendios, a proliferación de pistas, etc.Pola tarde percorrerase o Bidueiral de Montederramo, no que as cores brancas das cortizas dos bidueiros acompañaranos durante nosa andaina. Este bosque está catalogado coma LIC lugar de importancia comunitaria dentro da Rede Natura 2000 e é considerado coma o bidueiral mais importante localizado ao sur de Europa e un dos bosques autóctonos mellor conservado da provincia de Ourense.


PROGRAMA:Domingo 18

10:00 h. Saída en autobus do Parque de San Lázaro de Ourense.

11:00 h. As Corcerizas - Bidueiral de Montederramo

14:00 h. Xantar no Bidueiral

15:30 h. Bidueiral - Fontedoso (Montederramo)

18:00 h. Volta en autobús dende Fontedoso cara Ourense


Dificultade: media-baixa.

Consellos: calzado cómodo, roupa de abrigo, protección solar, impermeable por se chove, comida e bebida para a andaina .


Inscricións ata as 14:00 horas do venres 16 de maio nos teléfonos 988 374 318 (Amigos da Terra)e 988 228 500 (Casa da Xuventude).


Está actividade é de balde. Animadevos

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Boa idea ó da andaina

Anónimo dijo...

Interesante propuesta, a ver si la gente participa, que ya se sabe que en Orense estamos algo "paraditos".

Orensano